A Marea Viva é un proceso para repensar e mellorar a Marea Atlántica. En común, tentamos responder ás demandas sociais e adaptarnos aos cambios xurdidos desde o noso nacemento en 2014. Revisaremos parte dos nosos documentos fundacionais, fixaremos obxectivos políticos de aquí a 2019 e tentaremos acordar unha estrutura interna.
Nesta páxina poderás acceder a todos os documentos e, se es asinante do Manifesto da Marea Atlántica, tamén comentalos, debatelos e compartilos en redes sociais. Tamén poderás amosar que un documento determinado che gusta ou non, ao igual que os comentarios subidos por outros compañeiros e compañeiras. Para participar, entra na páxina de acceso coas credenciais que recibiches no correo electrónico.
Textos aprobados en 2014 para os que se propón emenda
Os textos que se van revisar son os seguintes. Para cada un deles, hai un texto en vigor (que foi aprobado en 2014) e unha serie de emendas, presentadas no marco deste novo de proceso de Marea Viva:
Código Ético
Na seguinte ligazón podes atopar o Código Ético en vigor da Marea Atlántica, así como os textos de emenda presentados neste novo proceso de Marea Viva.
Primarias
Na seguinte ligazón podes atopar o documento de Primarias en vigor na Marea Atlántica, así como os textos de emenda presentados neste novo proceso de Marea Viva.
Forma de Goberno
Na seguinte ligazón podes atopar o documento de Forma de Goberno en vigor da Marea Atlántica, así como os textos de emenda presentados neste novo proceso de Marea Viva.
Programa
Na seguinte ligazón podes atopar o documento para a elaboración do Progama Participativo en vigor da Marea Atlántica, así como os textos de emenda presentados neste novo proceso de Marea Viva.
Novo texto de estrutura
A maiores, neste proceso de Marea Viva presentáronse os seguintes documentos de proposta para organizar a nova Estrutura da Marea Atlántica