Esta emenda foi presentada polo colectivo denominado “Lanzadeira“, coma unha emenda de modificación á totalidade do documento de Primarias en vigor da Marea Atlántica. A continuación, recóllese o texto de motivación da emenda, así como o texto final que se propón modifique o actual.
MOTIVACIÓN DA EMENDA
O seguinte documento recolle unha proposta para a escolla da candidatura da Marea Atlántica de cara ás eleccións municipais de 2019 en substitución da empregada en 2015. As conclusións contidas nel son tamén froito das xornadas de debate encadradas dentro do proceso de Marea Viva.
Mantendo a vixencia da necesidade dun método que permita o refrendo colectivo da candidatura entendemos que este debe ser reformado a tres niveis:
1.- Fomentando un método que estimule a construcción colaborativa da candidatura, frente a métodos competitivos como os empregados no proceso anterior. Métodos que consideramos que poden ser perxudiciais por levar implícita unha competición entre as candidaturas.
2.- Utilización dun método de agregación realmente representativo, que dote ás distintas candidaturas da cantidade de postos, e a súa correspondente orde, que se adecúa coa súa forza electoral.
3.- Utilización dun método de agregación que facilite a creación dun equipo de goberno cohesionado e comprometido co proxecto político de Marea Atlántica.
4.- Dotación de maiores garantías para a realización do voto telemático, tanto na seguridade, na emisión do voto e na identificación da persoa que realiza o voto.
Neste documento establécense os mecanismos precisos para levar a cabo estes obxectivos así como as garantías baixo as que se desenvolven.
1. Censo
a. Quen pode votar ?
1. No proceso de primarias de Marea Atlántica terá dereito ao voto toda persoa maior de 16 anos que:
— Sexa asinante do manifesto da Marea Atlántica.
— Asine o manifesto un mes antes de que a Rede decida comezar o proceso de primarias.
— Residise un mínimo de 6 meses dentro dos últimos cinco anos no Concello da Coruña. Para este requisito esixirase demostración documental mediante padrón, contrato de vivenda ou facturas de subministros. A única excepción a este requisito será a das persoas que non residan na Coruña pero que teñan plenos dereitos políticos na Marea Atlántica (entendendo por tales as persoas con dereito a participar na Rede) adquiridos ata un ano antes da convocatoria destas primarias.
2. Durante o proceso de votación, prioritariamente presencial no local da Marea Atlántica ou telemático de xeito rogado en casos debidamente xustificados, requirirase un compromiso de veracidade que garanta o anterior punto. A este efecto o grupo de Ferramentas de Marea Atlántica, e en data previa á convocatoria oficial destas primarias, someterá a referendo da Rede un Documento de Garantías sobre o uso do voto telemático.
3. A Marea Atlántica obrígase a manter a condición de segredo do voto e ao cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
4. As persoas con plenos dereitos políticos dentro da Marea Atlántica (entendendo por tales as persoas con dereito a participar na Rede) terán tamén a condición de avalistas de candidaturas, sempre e cando non sexan candidatas ás primarias, posuíndo un máximo de cinco avais para persoas candidatas.
b. Quen elabora o censo?
1. O censo de votantes para as primarias da Marea Atlántica será elaborado polo órgano de arbitraxe creado para fiscalizar o proceso de votación.
c. Como se elabora e cando se pecha o censo?
1. O censo será pechado un mes antes de que a Rede decida comezar o proceso de primarias.
2. Aspirantes
a. Quen pode presentarse?
1. Terán a condición de candidatas e candidatos todas aquelas persoas que se atopen nos supostos do apartado 2c e que cumpran cos requisitos recollidos nos artigos 177 e 178 da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral.
b. Necesita avais? En caso positivo que clase de avais e cantos?
Cada persoa candidata necesitará cinco avais.
c. Que requisitos deben cumprir un ou unha aspirante?
Son requisitos imprescindíbeis para a presentación de candidaturas os seguintes:
1. Ter asinado o Manifesto da Marea Atlántica polo menos un mes antes da convocatoria destas primarias, como compromiso de cumprimento dos seus obxectivos políticos.
2. Manifestar por escrito un compromiso de cumprimento do Código Ético da Marea Atlántica, unha vez este estea aprobado.
3. Estar en posesión de cinco avais asinados por persoas con plenos dereitos políticos na Marea Atlántica (entendendo por tales as persoas con dereito a participar na Rede) e que non formen parte de ningunha das candidaturas concorrentes neste proceso.
4. Non estar inmersa en causas de incompatibilidade coa normativa da Marea Atlántica.
d. Que criterios poden excluír a un ou unha aspirante?
Non posuirán a condición de elixíbeis as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
1. Ser representante pública nalgunha outra institución distinta do Concello da Coruña, agás o caso daquelas persoas que pola súa condición son deputadas provinciais na actualidade.
2. Ter ostentado algún tipo de responsabilidade como representante pública por forzas políticas distintas á Marea Atlántica no Concello da Coruña.
3. As persoas que tivesen sido electas en calquera momento en candidaturas ao Congreso, Senado e Parlamento de Galicia ata a data de convocatoria de ditas primarias.
4. As persoas que formaran parte de candidaturas distintas á da Marea Atlántica que concorresen ás eleccións municipais do mes de maio de 2015.
5. As persoas imputadas por delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas.
6. As persoas en situación de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.
7. En calquera caso, as persoas que se atopen nalgunha das situación que o código ético da Marea Atlántica contempla como causa de cese ou dimisión.
Nota: Entenderase por imputación xudicial a existencia dunha resolución motivada onde un xuíz estime a existencia de indicios racionais de delito.
e. Que compromisos asume a persoa aspirante?
1. Xustificar documentalmente a súa residencia ou vinculación coa cidade da Coruña en polos menos seis meses dos últimos cinco anos. A única excepción a este requisito será a de persoas que non residan na Coruña pero que teñan plenos dereitos políticos na Marea Atlántica (entendendo por tales as persoas con dereito a participar na Rede) adquiridos ata un ano antes da convocatoria destas primarias.
2. Abandonar os cargos orgánicos unipersoais e portavocías que ocupe no caso de ser escollida.
3. Asinar un compromiso de cumprimento do Código Ético.
4. Cumprimento estrito do presente Regulamento.
f. Que compromisos asume a Marea Atlántica coa persoa aspirante?
1. Trato igualitario na difusión da súa candidatura.
2. Garantía de igualdade de oportunidades.
3. Posta a disposición da persoa candidata de recursos telemáticos para a promoción da súa candidatura.
4. Respecto pola intimidade da persoa candidata, difundindo só os datos que desexe publicar e os meramente obrigatorios.
5. Posta a disposición da candidata/o dos respectivos formularios para a presentación de avais.
g. As candidaturas serán individuais ou en listas? E de que modo se configurarán?.
As candidaturas estarán formadas por 20 persoas, sen a posibilidade de aumentar nin diminuír tal cifra. As listas serán presentadas en orde prelada de 1 ao 20 e baixo o sistema de cremalleira, coa finalidade de garantir un equilibrio de 50% entre mulleres e homes.
3. Igualdade de xénero
a. De que xeito garantimos a participación en igualdade?
1. As listas deberán cumprir criterios de paridade (50%) en cremalleira.
2. Dinámicas inclusivas (horarios, etc) e ferramentas que faciliten tanto a participación política das mulleres como daquelas persoas con diversidade cultural, funcional e afectivo-sexual.
3. Programación inclusiva tanto da campaña como de todo o procedemento de primarias, con ferramentas e dinámicas que non exclúan ás persoas nin polo seu xénero nin pola súa diversidade cultural, funcional ou afectivo sexual. Propiciarase a creación dun servizo de apoio aos coidados e accesibilidade que, baixo demanda, garanta o acceso a todo o material electoral e aos procesos de campaña e votación. Poderase tamén limitar a dedicación temporal por día a actividades de campaña.
4. Arbitraxe
a. Que órgano supervisa o procedemento de primarias?
1. Crearase un órgano de supervisión do procedemento de primarias denominado Órgano de Arbitraxe Electoral.
b. Como se conforma?
1. Unha persoa representante, pero non parte, de cada lista e un número equivalente máis un de persoas seleccionadas pola Rede baixo criterios de coñecemento de procesos electorais, confianza e dispoñibilidade, garantindo en todo caso a paridade de xénero na composición deste órgano. Ditas persoas deben ter plenos dereitos políticos dentro da Marea Atlántica (entendendo por tales as persoas con dereito a participar na Rede).
c. Que funcións ten?
1. Garantir o cumprimento deste Regulamento.
2. Facer cumprir os prazos aprobado no proceso de debate da Marea Viva.
3. Garantir a igualdade de oportunidades durante o proceso de campaña.
4. Aprobar as candidaturas presentadas.
5. Resolver as distintas queixas, denuncias e irregularidades que se manifesten durante o proceso de primarias.
6. Interpretar baleiros do presente Regulamento.
d. Como adopta as decisións?
1. O órgano de arbitraxe adoptará as súas decisións por consenso, no caso de que o devandito consenso non se produza a maioría simple sería determinante.
5. Postos a elixir
Nota: na cidade da Coruña as listas están compostas por 27 titulares e 10 suplentes.
a. Á hora de votar, sobre cantos postos da candidatura podemos decidir? Sobre a lista completa ou sobre unha porcentaxe dos postos?
A votación será por unha lista de 20 persoas, sen a posibilidade de aumentar ou diminuír dita cantidade.
b. Vótase por separado o/a cabeza da lista?
Non, producirase un único acto de votación, figurando as cabezas de lista como números 1 das súas respectivas candidaturas.
c. Reservaríanse algúns postos simbólicos (ao final da lista) para persoas que tivesen especial relevancia pública e concitasen unanimidade na Marea? Como se definiría a súa inclusión?
1. A lista de titulares da candidatura da Marea Atlántica será completada con persoas de consenso designadas pola Rede que pola súa proxección pública avalen todo o proceso, con este fin serán reservados un máximo de 4 postos ao final da lista.
2. Non estará limitada a presentación de candidaturas.
3. No caso de existir postos vacantes estes serán ocupados por persoas designadas pola Rede baixo o criterio de paridade.
4. Os dez postos reservados a persoas suplentes na lista serán ocupados por persoas designadas pola Rede baixo criterio de paridade.
6. Número de candidatos/as
a. Cantas persoas aspirantes pode haber por cada posto da candidatura?
Non está limitada a presentación de candidaturas.
b. No caso de presentarse máis, como se corrixiría?
Ao non estar limitada non é precisa dita corrección.
7. Campaña electoral das primarias
a. Dereitos e deberes das persoas candidatas.
a. 1. Dos dereitos das persoas candidatas:
1. As persoas candidatas teñen dereito a recibir un trato igualitario por parte da Marea Atlántica durante os dez días de campaña electoral.
2. Dereito a acudir ante o Órgano de Arbitraxe para denunciar as irregularidades que considere gravosas para o proceso.
3. Dereito a un espazo dentro das ferramentas telemáticas facilitadas pola Marea Atlántica para a promoción de candidaturas. No devandito espazo poderán publicitar os motivos da súa candidatura mediante textos e fotografía. Cada unha das persoas candidatas estará representada por unha fotografía, un breve texto non superior aos 140 caracteres e un texto maior de 500 caracteres onde poderá expresar a súa visión persoal e por que cre que debe ser merecedora do voto no proceso de primarias. A presenza das listas nestes espazos terá unha orde aleatoria. Así mesmo, os medios dixitais propios da Marea Atlántica enlazarán —se a persoa así o desexa— aos perfís persoais na rede das persoas candidatas, facilitando que a cidadanía interesada en participar no proceso de primarias poida interpelalos directamente.
4. Dereito á promoción da súa candidatura nos seus perfís propios de redes sociais. Así mesmo os medios dixitais propios da Marea Atlántica enlazarán —se a persoa así o desexa— aos perfís persoais na rede das persoas candidatas facilitando que a cidadanía interesada en participar no proceso de primarias poida interpelalos directamente.
a. 2. Dos deberes das persoas candidatas.
1. Deber de gardar o debido respecto polo resto de persoas candidatas centrando as súas mensaxes en aspectos exclusivamente políticos e en ningún caso empregando descualificacións persoais nas súas redes sociais, na difusión ou nos actos de promoción da súa candidatura.
2. Deber de actuar acorde a este Regulamento e ás resolucións do Órgano de Arbitraxe Electoral.
b. Como se garante a igualdade de oportunidades?
1. Está prohibida a difusión de candidaturas mediante publicidade en medios de comunicación.
2. A Marea Atlántica ofrecerá a todas as candidaturas presentadas o mesmo peso dentro da comunicación tanto interna como externa.
3. O Órgano de Arbitraxe Electoral emitirá unha serie de consideracións que serán recibidas por cada persoa candidata no momento de candidatarse para coñecer como pode levar a cabo a promoción da súa opción.
8. Sistema de votación.
a. Que sistema de votación se empregará ?
A electora ou elector emite o seu voto a favor dunha lista pechada e bloqueada que contén 20 persoas candidatas presentadas de forma prelada.
O sistema de conteo farase baixo un sistema proporcional D’Hont, é dicir, o resultado obtido por cada candidatura divídese de xeito secuencial e crecente entre o número de postos a repartir. No caso desta candidatura do 1 ao 23 (dada a reserva dos últimos catro postos para persoas designadas pola Rede), os 23 maiores cocientes obteñen un posto na candidatura.
No caso de que unha das listas supere o 65% dos votos obterá automaticamente os primeiros cinco postos da candidatura, aplicándose a proporcionalidade, por tanto, a partir do 6º posto.
9. Corrección das listas
a. Aplicaranse criterios de corrección de xénero na lista ademais dos que prescribe a lexislación vixente?
A lista debe ser necesariamente presentada en cremalleira, aplicando o mesmo criterio ao resultado final das votacións. O sistema de conteo proporcional asigna os postos da lista final en base ao criterio de cremalleira, no caso de que en postos consecutivos se atopan dúas persoas do mesmo xénero correxirase a lista atendendo aos cocientes obtidos.
b. Aplicaranse outros criterios de corrección? Cales?
Non.
NOTA ADXUNTA.
Tras a aprobación deste Regulamento, e xunto co Documento de Garantías sobre o uso do voto telemático, unha comisión creada pola Rede emitirá unha serie de recomendacións sobre lugares de votación, calendario e proclamación da candidatura. Este documento de recomendacións estará rexido polo procedemento de elaboración e aprobación especificado no documento de Estrutura.
PERSOAS ASINANTES DA EMENDA:
Adrián García Seijas, Alba Barbadillo Vázquez, Alejandro Sánchez Rois, Alfonso Mascuñana Bordas, Antón Pérez Rodríguez, Antonio Prado Botana, Arturo Losada Ballestero, Aurora Paz Viruet, Begoña Inés Romero Quintela, Brais García Fernández, Xosé Carlos Ares Pérez, Carlos Nogueira Souto, Carmen Villar Cures, Celsa Díaz Cabanela, Claudia Delso Carreira, Cristina Díaz Pardo, Daniel Palleiro González, Daniel Rodríguez Cao, David Calderón González, Eduardo Rodríguez Poch, Enrique Luís Calviño Alcalde, Eugenia Vieito Blanco, Gema Rivera González, Gladys Virxinia Afonso Lobato, Henrique Rabuñal Corgo, Henrique Pérez Lijó, Hoki Torres Erausquin, Iago Martínez Durán, Lola Suárez Martínez, Loli Patiño Iglesias, Luís Hernández Álvarez, Marcial Blanco Castelos, Marcos Sebastián Pérez Pena, María Garcia Gomez, Marina Gutiérrez Álvarez, Mariano Enrique Fernández Cabarcos, Mercedes Rodríguez Bolaño, Miguel Garea Garea, Natalia Balseiro Rodríguez, Pedro Manuel Carro Parafita, Pablo Leira Canedo, José María Vara Rodriguez, René Gamborino Amaro, Rubén Pérez Sueiras, Sabela Pérez Iglesias, Sandra García Rey, Silvia Cameán Calvete, Verónica Campos García, Victoria Mejuto Vilas, Xan Jove González, Xiao Varela Gómez, Xoán M. Mosquera Muíños, Xosé Taboada Durán, Xulio Vázquez López.
Users who have LIKED this post:
“No caso de que unha das listas supere o 65% dos votos obterá automaticamente os primeiros cinco postos da candidatura, aplicándose a proporcionalidade, por tanto, a partir do 6º posto.”
No caso de dúas listas, A y B, supoñendo que a A acade o 80% e a B o 20%
Aplicando D’Hont a lista B acadaría os lugares 5º, 10º, 15º, da candidatura final.
Si entendo ben a cousa, cun bonus de 5 candidatos para A, a B obtería os lugares 10º, 15º, 20º da candidatura final.
Choca coa miña valoración das virtudes da proporcionalidade e merece unha carificación sincera de pros e contras.
Algúns dos problemas que eu vexo, ademáis da distorsión na proporcionalidade
>>Se o PP, Ciudadanos, ou quen sexa propoñen un sistema de bonus para a lista máis votada nas municipais, como opoñerse se nós témolo adoptado internamente?
>>Ese afán de sobreprotexer ao grupo mairitario dificulta, ou mesmo impide, o acceso de voces críticas ao nivel institucional, pero a presencia no institucional é un factor de realismo pólitico, de maduración.
>>Por moi cohesionado que pareza o grupo de partida hai que ter en conta que serán persoas con sensibiidades distintas, e que a vida, tamén a municipal, está por definición viva, que xurdirán asuntos ante os que se manifesten diversidade de respostas posibles. A unanimidade dun grupo humano nunca está garantida no tempo.
Users who have LIKED this comment:
Bo día.
Por ir respostando un por un:
1.- A virtude deste método consiste basicamente en que del saia a lista o máis representativa posíbel das votacións emitidas, primando ao bloque que obteña máis votos non só co número de posto que por representatividade mereza, senón tamén a orde destes.
2.- Non é o mesmo o mecanismo de selección de cadros dun partido que a forma que teñen os órganos institucionais de confeccionarse acorde ao resultado dunhas eleccións. As variables son moi distintas polo tanto non é comparable. Sería, de feito, tan nocivo un sistema como este para un conteo electoral como o que temos vixente na Marea, un sistema que sobrerrepresenta a quen conta con máis recursos para a competición.
3.- É cuestión de garantías arredor da sobrerrepresentación, outros métodos o que fan é protexer a ruptura dos consensos, e por tanto alentar a competición aínda que as intencións estean lonxe do compromiso co proxecto político.
4.- La question humaine.
1) “primando ao bloque que obteña máis votos”, dis. E tés razón: a enmenda reduce a participación dos inscritos a unha eleccion entre bloques prefixados que se lles dan cociñados en procesos dos que non formaron parte. Isto alònxase considerablemente do que é unha reivindicación habitual dos movementos populares nos procesos electorales: listas abertas, nas que o elector da o seu voto aos candidatos individuais que considera merecentes da súa confianza. É como se fixo a vez primeira e non parece que fora malo o resultado. En calquera caso, é un evidente descenso da calidade da participación popular, e un incremento da forza das conversas e negociacións de despacho (ou de bareto, que tanto ten) entre elites para chegar a acordos de “bloques” pechados e inmodificables polos electores.
2) Por qué debe ser diferente o mecanismo da votación entre institucións e un ¿
Users who have LIKED this comment:
(continúo):
… e un… ¿partido? ¿Cadros dun partido? ¿É que Marea Atlántica convertiuse nun partido de cadros máis? Sexa cal sexa a resposta, a afirmación, que poño en dúbida, carece de argumentación. Penso que non queda clara a presunta vantaxe desa pretendida homoxeneidade do “bloque hexemónico” (¿vale o nome?) se o precio a pagar é, como efectivamente é, a disminución da participación e o incremento da dependencia das elites (agora “cadros”) do movemento popular (agora “partido”, antes era só instrumental).
3) “Protexer a ruptura dos consensos”. ¡Glups! Non sei de que vai, fáltanme datos.
REMATO: Se a opción è entre o texto actualmente vixente, xa probado con éxito nas anteriores eleccións, e a aplicación do sistema electoral do Estado (listas pechadas, d’Hont) favorecendo aínda máis á lista máis votada (o que supón a laminación automática das sensibilidades minoritarias)… ¡VIRGENCITA, VIRGENCITA, QUE ME QUEDE COMO ESTOY!
Users who have LIKED this comment:
Para entender o camiño que pode estar a abrir a enmenda, nada mellor que lembrar a Ley de Ferro das tendencias oligárquicas dos movementos sociais, de Robert Michels. Un perigo certo para o que todas as precaucións son pequenas. Tédelo texto orixinal en https://www.lectulandia.com/book/los-partidos-politicos-i/
Imprescindible. EN ARQUEOLOXÍA TAMÉN.
1) “primando ao bloque que obteña máis votos”, dis. E tés razón: a enmenda reduce a participación dos inscritos a unha eleccion entre bloques prefixados que se lles dan cociñados en procesos dos que non formaron parte. Isto alònxase considerablemente do que é unha reivindicación habitual dos movementos populares nos procesos electorales: listas abertas, nas que o elector da o seu voto aos candidatos individuais que considera merecentes da súa confianza. É como se fixo a vez primeira e non parece que fora malo o resultado. En calquera caso, é un evidente descenso da calidade da participación popular, e un incremento da forza das conversas e negociacións de despacho (ou de bareto, que tanto ten) entre elites para chegar a acordos de “bloques” pechados e inmodificables polos electores.
2) Por qué debe ser diferente o mecanismo da votación entre institucións e un ¿
Users who have LIKED this comment:
PLEASE ANULADE, SAIUME DUPLICADO, PERDÓN, EQUIVOQUEIME, NON VOLVERÁ OCORRER.
Por unha parte considero que, se ben contribúen á formación de equipos comprometidos cun proxecto, as listas pechadas e bloqueadas supoñen unha perda de autonomía de decisión , e tamén de perda de transparencia na formación das candidaturas. Por outro lado, temos experiencia dabondo en como as listas abertas en nome da transparencia e da democracia radical permiten, de facto, que persoas que non comparten eses principios se apropien de proxectos honestos e os desvirtúen. Polo tanto, paréceme necesario considerar un término medio que permita que a cidadanía teña un poder real na conformación das listas e que, ao mesmo tempo, protexa a esencia do proxecto político. Creo que se debera considerar, ou ben a opción de listas pechadas desbloqueadas (cun conteo mixto Borda e D’Hont para garantir a proporcionalidade, por exemplo), ou ben no caso de manter as listas bloqueadas, un proceso colectivo de decisión de criterios que deberan cumprir as persoas candidatas.
Users who have LIKED this comment:
Concordo con esta opinión, e tamén coas expresadas por jmbello nos outros comentarios. As perversións que coñecemos das listas abertas non nos debería facer virar cara a un proteccionismo excesivo que lamine a participación (e a necesaria disidencia). Vexo esta proposta demasiado «conservadora» nese sentido.
A principal motivación, expresada no comezo do texto con «[Fomentar] un método que estimule a construcción colaborativa da candidatura, frente a métodos competitivos» ten o evidente efecto perverso do «mercadeo» para «consensuar» listas desde posicións de negociación moi desiguais.
Penso que, como mínimo, hai que quitar esa *garantía* dos 5 primeiros postos para unha lista, por moita porcentaxe de voto que acade. Logo pensaría en introducir algunha variante como a que propón Leti B nesta mensaxe.
Apertas,
Emilio
Users who have LIKED this comment:
(continúo):
… e un… ¿partido? ¿Cadros dun partido? ¿É que Marea Atlántica convertiuse nun partido de cadros máis? Sexa cal sexa a resposta, a afirmación, que poño en dúbida, carece de argumentación. Penso que non queda clara a presunta vantaxe desa pretendida homoxeneidade do “bloque hexemónico” (¿vale o nome?) se o precio a pagar é, como efectivamente é, a disminución da participación e o incremento da dependencia das elites (agora “cadros”) do movemento popular (agora “partido”, antes era só instrumental).
3) “Protexer a ruptura dos consensos”. ¡Glups! Non sei de que vai, fáltanme datos.
REMATO: Se a opción è entre o texto actualmente vixente, xa probado con éxito nas anteriores eleccións, e a aplicación do sistema electoral do Estado (listas pechadas, d’Hont) favorecendo aínda máis á lista máis votada (o que supón a laminación automática das sensibilidades minoritarias)… ¡VIRGENCITA, VIRGENCITA, QUE ME QUEDE COMO ESTOY!
PLEASE ANULADE, SAIUME DUPLICADO, PERDÓN, EQUIVOQUEIME, NON VOLVERÁ OCORRER.
PLEASE ANULADE, SAIUME DUPLICADO, PERDÓN, EQUIVOQUEIME, NON VOLVERÁ OCORRER.